O benestar psicolóxico dos rapaces é maior ó das rapazas

   Habitualmente adoito escribir sobre problemas medioambientais e as súas repercusións económicas, pero esta nova pareceume moi interesante.

O motivo do maior benestar psicolóxico dos rapaces e o mellor autoconcepto físico que teñen deles mesmos, respecto ás rapazas, que non adoitamos estar tan contentas co noso corpo.  Este estudo, realizado entre dous mil adolescentes, amosa tamén que canto máis contentos esteamos co noso aspecto físico, temos menos riscode sufrir enfermidades alimentarias, depresións e ansiedade. Sentímonos mellor ademais se practicamos deporte que se non levamos a cabo ningunha actividade física.

imagen

 

¿Credes que este estudo reflexa a situación que vemos cada día ó noso arredor entre os nosos compañeiros e coñecidos?

Esta entrada foi publicada en Prensa. Garda o enlace permanente.

One Response to O benestar psicolóxico dos rapaces é maior ó das rapazas

  1. Xabi di:

    Se ben é certo o que dí ese estudio, que os rapaces teñen un mellor autoconcepto físico e que as rapazas menos, non se debe caer no erro de xeneralizar. Son consciente (incluso na miña propia casa) das continuas preocupacións físicas que teñen gran parte das mozas da nosa idade. Pero isto é culpa da importancia que ten na actualidade a apariencia física, e a presión social que se exerce, tanto en mulleres como en homes, no referente á imaxe persoal. Pouco a pouco déixanse de valorar os valores dunha persoa para centrarse, cada vez dun xeito máis obsesivo, no físico como base para xuzgar. A base disto atópase na agresiva propaganda que se fai en case todos (por non dicir todos) os medios de comunicación: revistas, xornais, películas, series adolescentes, etc..

    ¿Qué sentimento pode producir nunha persoa ver a ídolos de beleza inigualable? Producirá un sentimento de inferioridade lóxico. E isto pode derivar en moitas cousas. A búsqueda constante da beleza, a necesidade de chegar a ese prototipo básico da muller que guste a todos os homes, leva consigo un montón de problemas intrínsecos. Poñamos por exemplo a enfermidade probablemente máis coñecida: a anorexia. A búsqueda do corpo 10. É ben sabido que afecta máis a mulleres que a homes, pero… ¿Qué hai da vigorexia? A vigorexia é unha enfermidade que afecta a varóns fundamentalmente, e que consiste na obsesión por conseguir unha musculatura moi desenvolvida. Ámbas as dúas enfermidades, son enfermidades determinadas pola sociedade na que vivimos.

    E é aquí onde entra a seguridade nun mesmo. Cando alguén está contento coa súa imaxe, cando unha persoa non lle da a importancia que non merece, cando por fin aceptamos que somos como somos, será unha persoa moito máis decidida e segura de si mesmo. Parece lóxico, pois ao gañar en autoconfianza, parece que somos capaces de facer todo o que nos planteamos. E unha boa forma de gañar autoconfianza é a de facer algún tipo de actividade que nos encha plenamente, como por exemplo: practicar un deporte (tanto individual como colectivo), tocar algún instrumento musical (só ou en grupos)… Indudablemente, ver cómo melloramos día a día, cómo o froito do noso traballo madura na árbore regada pola nosa suor pouco a pouco, outórganos unha autosatisfacción que nos axudará a non padecer as enfermidades que unha sociedade corrupta polos medios contaxian.

Deixa unha resposta