Sherlock Holmes no supermercado

Desde o Blogue Guía nos invitan a desenvolver unha pescuda sobre un tema polémico: Os alimentos transxénicos.

Os transxénicos son organismos novos creados en laboratorio, cuxas características alteráronse mediante a inserción de xenes doutras especies, o cal achégalles novas características herdables. Os alimentos chamados “transxénicos” son aqueles en cuxa elaboración se utiliza  algún transxénico.
O uso e consumo de transxénicos é un tema en constante debate na comunidade científica. Por unha banda  persoeiros como Werner Aber, premio Nobel de Medicina, eloxia as súas vantaxes na agricultura e outros estudos  rigorosos afirman que a agricultura transxénica non é sostible e  que, ademais poden ter efectos nocivos para a saúde.
A actividade que vos propomos consiste en analizar a cesta dá compra dás vosas casas coa “Guía Vermella e Verde dos Alimentos” de Greenpace que podedes descargar aquí.
Así que xa sabedes, elaborade unha lista cos alimentos transxénicos que atopastes na vosa cesta da compra, e participade  na discusión que vos expomos na categoría “A debate”.

Fontes: GreenpaceBBC

Esta entrada foi publicada en Actividades de aula, Aula CCMC, Xenética e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

One Response to Sherlock Holmes no supermercado

  1. eureka19 di:

    Los alimentos transgénicos son el futuro y se deben desarrollar para que de verdad sean utilicidados en la vida diaria y adquieran valores saludables.

Deixa unha resposta