Novo dispositivo, menos contaminación

Un grupo de investigación español atópase traballando na chamada pila de hidróxeno. Trátase dun dispositivo capaz de acadar electricidade a partir de combustibles renovables. O proxecto, de ámbito internacional, recibe o nome de Zeocell e ten por obexctivo reducir nun 20% as emisións de CO2 á atmosfera. O proceso consistiría na transformación de enerxía química en enerxía eléctrica.

As aplicacións de estes novos aparatos serían as non relacionadas co  transporte, como poden ser xeradores de potencia ou calor. A parte que máis nos chega a nós é que este avance non sería só a nivel industrial, senón que tamén o sentiriamos nas nosas casas.

Credes que este dispositivo pode chegar a funcionar, ou que se quedará nun de tantos proxectos que ó final non teñen resultados? Se queredes máis información, visitade esta páxina.

Esta entrada foi publicada en XESTIÓN SOSTIBLE. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta