Efectos dos terremotos a escala local

   Sonia Álvarez Rubio, investigadora da Universidade Politécnica de Madrid, estudou nunha rexión de Suiza a importancia  das características locais nos danos dun movemento sísmico.

O efecto local sísmico é, precisamente,  o estudo da influencia desas condicións locais do solo no sismo reflectido na superficie. O movemeno sísmico que recolle a superficie é o resultado da propagación, no interior da Terra, da enerxía liberada na fonte sísmica ata acadar a superficie libre. Na parte final do seu traxecto, estas ondas atravesan as capas máis superficiais, onde segundo as súas condicións de relevo, dimensións ou xeolóxicas, sofren distintas modificacións.

mapariesgos.gif

   Esta explicación é a que ilustra a diferenza de danos en diferentes lugares dunha pequena rexión cando hai un terremoto. A tecnoloxía ten moito que ver no avance na análise do solo neste tipo de proxectos. Tendo en conta que coñecendo a súa composición é posible, polo menos, previr as zonas de maior vulnerabilidade, a instrumentación cos sismógrafos adecuados e demais aparellos é inprescindible.

A nova polo tanto é que mediante este procedemento poderemos coñecer as zonas máis vulnerables e adoptar medidas á hora de construir nas zonas. Credes que primará esta idea, ou que as expectativas económicas farán que se continúe a construir de igual forma?

Esta entrada foi publicada en Revistas científicas. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta