Benvid@s ó voso blog de aula

E munca mellor dito, este é o voso blog onde ídes compartir os proxectos e tarefas da asignatura para desonvolver as competencias básicas, pero tamén terá outras moitas finalidades: compartir o que sabedes, mostrar as vosas capacidades naqueles aspectos nos que sobresaídes ou vos interesan moitos, e, o máis importante dar a coñecer ó mundo a vosa opinión sobre temas tan relevantes como os que se tratan en CCMC.

Utilizade a ferramenta máis eficiente para cambia-lo mundo: A linguaxe ( en tódalas variantes).

No nome dos compañeiros e compañeiras do curso pasado “pásovos o relevo” , seguro que o ídes facer tan ben como eles o fixeron.

Moito ánimo!!!

Para empezar, e xa que estamos falando dese universo no que probablemente haxa vida intelixente ( pero non OVNIS) móstrovos a imaxe a maior escala que se fixo ate o momento.

imagen

Dispoñible na páxina de microcosm

. Se queredes seguir traballando nesta línea tamén podedes visitar a páxina de Nikon, worwidzz ou potencias de dez para futuros post.

Por certo: Cantas veces é a distancia da Terra ó Sol? Cantos anos nos levaría chegar hasta un dos extremos da imaxe se estiveramos no centro da imaxe e viaxaramosá velocidade da luz?

Podedes responder nos comentarios

Esta entrada foi publicada en Aula CCMC e etiquetada . Garda o enlace permanente.

One Response to Benvid@s ó voso blog de aula

  1. nachosiota di:

    Quedei impresionado despois de ver microcosm, sobretodo coa grandeza do universo, e ver que so a galaxia é tan grande e tan pequena á vez

Deixa unha resposta