Musicoterapia.

imagen   A Musicoterapia consiste no emprego da música ou elementos musicais dentro dunha estrutura, para promover a comunicación, as relacións, o aprendizaxe, o movemento, a expresión, a organización e/ou outros obxectivos terapéuticos para así satisfacer necesidades físicas, emocionais, mentais ou sociais do doente. A musicoterapia ten como fin desenvolver potenciais e/ou restaurar as funcións do individuo de tal maneira que éste poida lograr unha mellor integración e, consecuentemente, unha mellor calidade de vida.

Hoxe en día o uso da música cun fin terapéutico é de caracter científico e está en expansión, aínda que se coñece esta cualidade desde os primeiros filósofos Gregos. “A música dá alma ó Universo, ás ó pensamento, voos ó maxín, consolo para a tristeza e ledicia e vida para tódolos casos” (Platón)

Os efectos que a música produce sobre nós son moi variados, así poden chegar a variar o noso ritmo respiratorio. Se a música que escoitamos é de altos niveles, é dicir, máis de 60 golpes por minuto, impulsaranos a levar unha respiración rápida cuns movementos máis imprecisos e impulsivos. O efecto contrario conséguese con música de baixo promedio, que nos axuda a relaxarnos e a calmarnos. Así mesmo o tono e o son da música que escoitamos pode reducir ou aumentar a tensión muscular, sendo esto un bo sistema para lograr un poder curativo nos dolores musculares. Outro dos efectos que consegue a música é variar a temperatura corporal. Deste modo a música suave pode disminuir en varios graos a nosa temperatura corporal, mentras que a música alta ou moi forte, pode chegar incluso a aumentar en varios graos a nosa temperatura.

Déixovos as miñas fontes así como máis información por se estades interesados no tema e queredes botar unha ollada:

http://www.pnlnet.com/chasq/a/15247

http://www.intergeneraciones.com/index.php/bienestar-/1939-la-musica-como-instrumento-terapeutico

http://es.wikipedia.org/wiki/Musicoterapia

Esta entrada foi publicada en A arte da ciencia. Garda o enlace permanente.