Entrevista a Marta Vázquez: Directora xeral do Servicio Galego de Igualdade.

Onte, 8 de marzo foi o día da muller traballadora. Aproveitamos a ocasiín para  realizar unha enquisa a unha muller  que sabe moito de todo iso: Marta Vázquez, directora xeral do Servicio Galego de Igualdade  para coñecer  melloras que se están a dar con respcto á  situación das mulleres na ciencia.

A continuación, vos ensinamos un breve resumo das respostas que Marta Vázquez, directora xeral da revista Xenia e da consellería de igualdade, tivo a amabilidade de respondernos.  Moitas gracias de novo, Marta, por atendernos dun xeito tan amigable.

imagen

1.- O traballo científico por mulleres foi historicamente infravalorado, de feito coñecemos poucas mulleres científicas. Cree que a situación mellorou actualmente? Por que?

É verdade que ao longo da historia o traballo das mulleres na ciencia foi relegado a un segundo plano non foi por que non houbese mulleres científicas, senón por razóns de sexo é historia. Agora as cousas mudaron, pero aínda teñen que mudar máis. Como demostrase por exemplo no estudo realizado polo Consello de Investigación Médico de Suecia, abriu o debate sobre a escasa presenza das mulleres na ciencia. Éste descubriu que por termo medio, as mulleres tiveron que ser 2,2 veces máis produtivas que os seus colegas homes para recibir apoio financeiro.

Hai que lembrar que elas ademais do traballo fora de casa, levaban o coidado dos fillos e fillas, das persoas maiores, e conciliar esta responsabilidade cun traballo demandante a nivel de horario e a nivel intelectual pode ser unha difícil tarefa. Por iso é necesaria a conciliación familiar e laboral, e a corresponsabilidade.

A solución poden ser distintas accións adoptadas en diferentes niveis, pero a máis efectiva e a educación: Os profesores e as profesoras deben animar aos seus alumnos e alumnas a interesarse pola ciencia, sen facer discriminacións por sexo. Asimesmo, o sistema educativo ten que transmitir unha mensaxe igualitaria.

2.- Atopamos en diversos estudos que nas universidades as mulleres son as que obteñen mellores cualificacións, Por que é menor o número de mulleres que traballan en ciencia? Por que a maioría dos centros de investigación están dirixidos por homes?

É certo que hoxe as cousas están mellor, tal e como dixo Flora de Pablo, profesora do CSIC e presidenta da Asociación de Mujeres Investigadoras y Tecnólogas (AMIT), “na carreira científica e investigadora entran menos mulleres que homes e pérdense máis mulleres nas distintas escadas do progreso profesional”. 

Nas universidades ingresan máis mulleres que homes, pero os estamentos superiores non son un reflexo desta realidade, xa que só un 10% dos catedráticos, a día de hoxe, son mulleres. É evidente que esta situación non é igualitaria e correspóndenos a nós saber as causas e poñer solucións.  Pero é certo que hoxe en día hai diversas opinións e moitos

ven na diversidade unha importante aportación para a ciencia e para a sociedade. 

3.- Que facilidades ou axudas se están a  dar para remexer esta incoherencia?

 

A educación, será o mellor vehículo para que as políticas de igualdade sexan efectivas dende todas as áreas. Na Secretaría Xeral da Xunta de Galicia contamos co Seminario Permanente de Educación en Igualdade, que desenvolve actuacións en tres áreas diferentes. Asimesmo temos o programa Relaciona, promovido polo Instituto de la Mujer, sobre a promoción dos vínculos de equidade nas relacións da xente máis nova, que se desenvolve en varios centros educativos galegos.

Outro dos obxectivos é promover unha elección do futuro académico e profesional libre de estereotipos de xénero e destacar a vocación científica e tecnolóxica.

4.- Nos libros de ciencias non se fai referencia ó papel da muller na ciencia, de feito nós vímolo en materias complementarias; Que está facendo a Xunta, e o  Estado español para impedir isto? Pódese presionar ás editoriais?.

 

Aínda que a Lei de Ordenación General del Sistema Educativo (LOGSE) incorpora o principio de igualdade de oportunidades e non discriminación por razóns de sexo nos libros de texto e a necesaria presenza das mulleres en toda a actividade educativa, é verdade que aínda queda moito por facer.

Non podemos esquecer que nos procesos educativos hai múltiples factores que inciden, non só os libros de texto. Sen embargo, é este o que é o principal instrumento de traballo.

Ademais, a estandarización ten como obxectivo funcional socializar as novas xeracións en consoancia cos modelos dominantes. Por iso é tan importante acabar coa discriminación de xénero nos libros de texto. Seguiremos traballando para conseguilo.

 

5.- Iniciativas como XENIA son moi divulgativas. Que outras iniciativas existen? Como se lle ocorreu a idea? Que perspectivas de futuro plantexa a súa dirección xeral respecto a este tema?

 

A revista Xenia, que xurde co o obxectivo de acercar as mulleres de ciencia á sociedade, e en particular á xente mais nova, axudando a crear referentes e interese polo mundo da ciencia. Dende a Secretaría Xeral da Igualdade tamén temos un portal que se chama “Mulleres expertas” (http://www.mulleresexpertas.info/) no que podedes atopar mulleres que destacan en todos os eidos da vida.

 

6.- Como é o día a día no seu traballo?

 

O meu día a día é moi variado. Unha das miñas funcións é escoitar as demandas, preocupacións, propostas e proxectos de institucións, organización, relacionadas cos temas de igualdade. E, dentro do posible intentar plantexar propostas que supoñan melloras reais na súa situación.

 

Entre as miñas funcións está traballar con todas as consellerías da Xunta de Galicia, xa que na nosa comunidade fomos pioneiros na incorporación da transversalidade de xénero, temos que traballar para que desde os diferentes departamentos se teña en conta a situación das mulleres e se traballe conxuntamente para mellorala.

Ademais, temos que coordinar todos os programas, actividades, actuacións, cursos, xornadas…. que realizamos é desenvolvemos ao longo do ano.

Celia, Lara, Macarena e Paloma (1ºB)

Esta entrada foi publicada en Entrevista a... e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta