Marie Curie, dúas veces Premio Nobel.

imagen

Xa que acaba de ser o Día da Muller, e estamos a falar de ciencia, aproveito para recordar a esa científica xenial que foi Marja Sklodowska , máis coñecida como Marie  Curie.

No libro que estou lendo,”Unha historia breve de casi todo” de Bill Bryson, conta que en 1896  en París, Henri Becquerel deixou por azar un paquete de sales de uranio nun caixón, enriba dunha placa fotográfica enrollada. Cando a foi sacar algún tempo despois, observou sorprendido que as sales deixaran unha impresión no papel fotográfico, coma se estivera exposta ao sol. Logo, pensou, as sales emitían algún tipo de raios. Coñecía a unha  estudiante moi capaz, unha polaca recén emigrada chamada Marie Curie, e encargouna de investigar o fenómeno.

Traballando en equipo co seu marido Pierre, descubriu que certos tipos de pedras desprendían unhas cantidades extraordinarias e constantes de enerxía, pero sin disminuir de tamaño apreciablemente. Marie bautizou a este fenómeno radioactividade. Descubriron novos elementos: o polonio, e o radio.  Otorgóuselles aos tres ( a Becquerel e ao matrimonio Curie) o premio Nobel de Física en 1903.
Marie gañaría un segundo premio Nobel en solitario, esta vez en Química, no ano 1911. Eso convértea na única persoa que conseguiu dous Premios (o de Física e o de Química). Sin embargo foi a Pierre a quen se nomeou en 1904  profesor de física na Universidade de París, e en 1905 membro de la Academia de Ciencias. Ela era muller, e non había mulleres na Academia.

Pierre Curie empezou a sentir xa desde 1900 claros síntomas de radiopatía: dores de osos, malestar constante, que nunca saberemos si o levaría á morte, pois en 1906 morreu atropelado por un carruaxe ao cruzar unha rúa.

Marie continuou a traballar o resto da súa vida a moi alto nivel neste campo. Ata que en 1934 morreu de leucemia.

Ningúén imaxinaba os efectos perniciosos que producía a radioactividade. Como era “tan enerxética”, pensouse que sería  beneficiosa e incluiuse en dentífricos, laxantes, etc , proclamando  os  efectos terapéuticos daqueles  minerais radiactivos. Ata 1938 non se prohibiu o seu uso.  Para Marie era demasiado tarde.

En realidade a radiación é tan perniciosa e duradera, que a día de hoxe, os documentos de Marie Curie son ainda tan perigosos que non se poden utilizar. Están todos gardados en caixas forradas de chumbo.

Por certo, Irene, filla de Marie tamén sería máis tarde galardonada con outro Premio Nobel. (Magnífica xenética)

Esta entrada foi publicada en Cientific@s, Premios Nóbeis. Garda o enlace permanente.